En que consiste, logo, o noso proxecto? Pois é unha idea que parte do departamento de tecnoloxía do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro e está inscrito nas actuacións dos Contratos Programa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, concretamente no apartado Mellora dos coñecementos para acadar a excelencia.
A idea en cuestión é viaxar a Xenebra para visitar o CERN, e preparar a viaxe axeitadamente: idiomas e documentación científica serán as liñas desta preparación.
O alumnado participante deberá:
- Asistir con aproveitamento a clases extraescolares de idiomas (francés ou inglés) durante dous recreos semanais a partir do mes de febreiro impartidas por profesorado do centro.
- Asistir ás charlas sobre física de partículas e temas relacionados que se irán propoñendo.
- Realizar as lecturas propostas con material aportado polo centro (libros da biblioteca, artigos, material audiovisual, etc.
Comezamos o proxecto con ganas, e poderedes seguir os nosos progresos neste blog. Seguiremos informando.
Resulta abraiante!Fenómenos!
ResponderEliminar