mércores, 22 de xuño de 2016

Materiais II: Material da Masterclass de Física de partículas en Santiago

Imos aportando cousiñas que quedaron no tinteiro nesta emocionante experiencia. Desta volta tócalle ao material que foi utilizado polos alumnos asistentes á Masterclass en Física de Partículas que tivo lugar o 4 de Marzo na Facultade de Física da USC.






xoves, 16 de xuño de 2016

Boas novas para o IES,e para o equipo Road to CERN


Grandes noticias!!! O departamento de tecnoloxía, na persoa de Celso Fernández, con colaboracións varias de outros departamentos (biblioteca, inglés, plástica, etc) e coa mediación da coordinación dos contratos programa, na persoa de Irma Fernández, acadou para o centro o primeiro premio do concurso Proyecta Innovación, que concede a Plataforma Proyecta,

Toda a información sobre o premio e o noso proxecto, Empoléirate na Ciencia, sobre deseño de prototipos e impresión 3D, no seguinte enlace:

http://www.plataformaproyecta.org/

E o vídeo da nosa defensa do proxecto na final do encontro Inspiratics, na sede da Fundación Fernández Latorre. Como material para apoiar a nosa defensa elaboramos dende o centro un
vídeo fantástico, elaborado por Carlos Alonso e Celso Fernández, e con música de Xabier Oviedo editada e mezclada por Irma Fernández. Moitas grazas a todos!!!

martes, 14 de xuño de 2016

Materiais I : Matemáticas

Isto aínda non acabou! Agora chegan os aportes do material elaborado para o proxecto, comezando por este estupendo dossier de matemáticas que vos describimos coas propias palabras da súa autora, Rosa Álvarez:

"... Cando me prantexei a participación neste traballo multidisciplinar que se ía realizar no Centro e valorei a pertinencia de presentar algo dende o punto de vista da asignatura de Matemáticas non se me ocorría que facer… Tomei a miña decisión despois de escoitar a conferencia que o profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Pajares, impartiu no Cento .
Falaría dos conceptos e contidos matemáticos necesarios para desenrrolar un contido de Física, neste caso, do Operador Nabla e a súa aplicación nas ecuacións de Maxwell."

Seguimos aprendendo!



martes, 7 de xuño de 2016

EXPERIENCIA Road to CERN... PARA NON ESQUECER!

E xa foi! Estamos de volta, cunha experiencia vital inesquecible. Aprendendo, compartindo, impresionándonos, quitando prexuízos e abrindo a mente. Próximamente amosarémosvos máis da nosa experiencia Road to CERN, pero de momento facemos eco da súa repercusión en prensa...



xoves, 2 de xuño de 2016

Todo preparado! Mañá despegamos cara Xenebra

E para non esquecernos de nada, aquí vos vai unha lista descargable para que facer a maleta non sexa unha tortura...


xoves, 28 de abril de 2016

Experiencia Cibrán Santamarina... impresionante!!!

As partículas desfilaron ante os nosos ollos mesmo en forma de peluches (http://www.particlezoo.net/)  tan ben explicadas por Cibrán que disfrutamos dunha clase amena e mesmo divertida, na que as bromas foron da man do rigor e da que saímos entendendo un pouquiño mellor este complexo mundo.
Como el mesmo dixo, tampouco podemos caer no erro de que a escoita de charlas divulgativas nos fai uns expertos na materia, así que dende a humildade seguiremos aprendendo e achegándonos aos misterios da física de partículas.










xoves, 21 de abril de 2016

Mañá temos visita: Masterclass de Cibrán Santamarina


Mañá temos de novo un invitado ilustre: Cibrán Santamarina. Según el mesmo nos conta na páxina do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), 

"... Licencieime en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1995. Fixen o meu doutoramento no experimento Dirac do CERN na medición do tempo de vida pionium e defendín a miña tese en abril do 2001.
Dende setembro do 2001 ata febreiro do 2004 traballei como "research associate" posdoutoral na Universidade de Basilea (Suiza), tamén en Dirac, que publicou no ano 2005 a primeira medida do tempo de vida do pionium.
En marzo do 2004 comecei a traballar como “research fellow” do CERN onde me concentrei na selección dos electróns e fotóns de alto momento transverso no experimento ATLAS. Posteriormente, en xuño do 2006, mudeime a Montreal contratado pola McGill University, tamén en ATLAS, traballando na selección de jets de alto momento transverso e na busca do bosón de Higgs.
En xaneiro do 2011 voltei á USC onde son profesor contratado doutor dende decembro dese ano. Na actualidade traballo no experimento LHCb do CERN e en entender a violación da simetría de Carga-Paridade na desintegracións de partículas que conteñen un quark b."

A súa charla terá lugar durante a 3ª e 4ª horas, e esperamos que sexa moi clarificadora, xa que ademáis de ser un eminente científico e un bo divulgador afeito a traballar con xente nova. Seguiremos informando.


AS PARTÍCULAS E AS SÚAS FAMILIAS

martes, 19 de abril de 2016

Xa podedes visitar o noso novo Taboleiro Pinterest! Todo sobre Xenebra!

Aquí está o noso taboleiro Pinterest Xenebra 2016 para que vaiamos facendo boca e aprendendo máis sobre a fantástica cidade que imos visitar, e como non, sobre o CERN... Aproveitade para practicar inglés e francés navegando polas páxinas "en versión orixinal"!

luns, 11 de abril de 2016

Hoxe recomendamos... I LOL Ciencia

Dentro do espazo que El Mundo adica á divulgación científica, atopamos a xenial sección I LOL Ciencia.
I LOL Ciencia é un vídeo blog no que poderás aprender a través do humor, e no que poderás atopar, entre outras cuestións de interese, un vídeo-artigo chamado "Viaje a las tripas del CERN", que nos vai adiantando o que imos atopar... A emoción está servida, non volo perdades!

Imaxe procedente de LOL Ciencia, El Mundo.

luns, 29 de febreiro de 2016

Informámonos sobre Suíza


Xa vai sendo momento de ir aprendendo máis sobre o país que imos visitar. Aínda que soamente vaiamos visitar Xenebra, convén coñecer o contexto onde nos imos mover. 
Como sabemos, é un país ubicado no centro de Europa, que non ten saída ao mar e que conta cunha poboación de 8139600 habitantes (2013). Territorialmente funciona como república federal de 26 estados chamados cantóns, que teñen diferencias administrativas e tamén lingüísticas e unha certa autonomía. Berna é a sede das autoridades federais, mentres que o resto de núcleos importantes no ámbito financieiro son Zúrich, Basilea, Xenebra e Lugano. É o cuarto país máis rico do mundo tendo en conta o seu PIB per cápita.

Iremos aprendendo máis sobre o noso país de destino, pero mentres tanto recomendámosvos algúns enlaces para ampliar información: 











mércores, 24 de febreiro de 2016

Visitounos Carlos Pajares!





Os medios de comunicación fanse eco do noso proxecto Road to CERN gracias á visita de Carlos Pajares, o delegado científico de España no consello do CERN. Picando na imaxe (na que está en plena explicación ante as nosas atentas miradas) podedes ver a reportaxe de La Voz de Galicia.

Tivemos a sorte de escoitalo falar, de xeito claro e ameno, sobre este tema tan complexo que nos ocupa: a física de partículas. Experiencia e formación sóbranlle, e grazas aos seus anos de docencia na universidade é un excelente divulgador.

En próximas entradas achegarémosvos o material que nos trouxo e algún fragmento da súa xenial conferencia. Polo momento, aquí está a entrevista que lle fixeron o día que estivo con nós, e na que di cousas tan interesantes como:









xoves, 4 de febreiro de 2016

O LHC

Neste vídeo vas poder descubrir o funcionamento do LHC

De que estamos feitos? Partículas elementais.

Para aclararnos un pouco máis.


MASTER CLASS EN FÍSICA DE PARTÍCULAS

Dous alumnos de 1º de BAC van a asistir a unha master-class sobre física de partículas o próximo 4 de marzo na Facultade de Física da Universidade de Santiago. Toda a información podédela atopar neste enlace : Master-Class

No seguinte enlace podes ver unha reportaxe xornalística sobre unha edición anterior. ENLACE 



venres, 22 de xaneiro de 2016

O proxecto "Road to CERN"

Inauguramos o noso blog coa espectacular fotografía do gran colisionador de hadrones... Esa é a meta do camiño que iniciamos hoxe.


En que consiste, logo, o noso proxecto? Pois é unha idea que parte do departamento de tecnoloxía do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro  e está inscrito nas actuacións dos  Contratos Programa  da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, concretamente no apartado  Mellora dos coñecementos para acadar a excelencia.

A idea en cuestión é viaxar a Xenebra para visitar o CERN, e preparar a viaxe axeitadamente: idiomas e documentación científica serán as liñas desta preparación.

O alumnado participante deberá:

  • Asistir con aproveitamento a clases extraescolares de idiomas (francés ou inglés) durante dous recreos semanais a partir do mes de febreiro impartidas por profesorado do centro.
  • Asistir ás charlas sobre física de partículas e temas relacionados que se irán propoñendo.
  • Realizar as lecturas propostas con material aportado polo centro (libros da biblioteca, artigos, material audiovisual, etc.

Comezamos o proxecto con ganas, e poderedes seguir os nosos progresos neste blog. Seguiremos informando.