mércores, 22 de xuño de 2016

Materiais II: Material da Masterclass de Física de partículas en Santiago

Imos aportando cousiñas que quedaron no tinteiro nesta emocionante experiencia. Desta volta tócalle ao material que foi utilizado polos alumnos asistentes á Masterclass en Física de Partículas que tivo lugar o 4 de Marzo na Facultade de Física da USC.






xoves, 16 de xuño de 2016

Boas novas para o IES,e para o equipo Road to CERN


Grandes noticias!!! O departamento de tecnoloxía, na persoa de Celso Fernández, con colaboracións varias de outros departamentos (biblioteca, inglés, plástica, etc) e coa mediación da coordinación dos contratos programa, na persoa de Irma Fernández, acadou para o centro o primeiro premio do concurso Proyecta Innovación, que concede a Plataforma Proyecta,

Toda a información sobre o premio e o noso proxecto, Empoléirate na Ciencia, sobre deseño de prototipos e impresión 3D, no seguinte enlace:

http://www.plataformaproyecta.org/

E o vídeo da nosa defensa do proxecto na final do encontro Inspiratics, na sede da Fundación Fernández Latorre. Como material para apoiar a nosa defensa elaboramos dende o centro un
vídeo fantástico, elaborado por Carlos Alonso e Celso Fernández, e con música de Xabier Oviedo editada e mezclada por Irma Fernández. Moitas grazas a todos!!!

martes, 14 de xuño de 2016

Materiais I : Matemáticas

Isto aínda non acabou! Agora chegan os aportes do material elaborado para o proxecto, comezando por este estupendo dossier de matemáticas que vos describimos coas propias palabras da súa autora, Rosa Álvarez:

"... Cando me prantexei a participación neste traballo multidisciplinar que se ía realizar no Centro e valorei a pertinencia de presentar algo dende o punto de vista da asignatura de Matemáticas non se me ocorría que facer… Tomei a miña decisión despois de escoitar a conferencia que o profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Pajares, impartiu no Cento .
Falaría dos conceptos e contidos matemáticos necesarios para desenrrolar un contido de Física, neste caso, do Operador Nabla e a súa aplicación nas ecuacións de Maxwell."

Seguimos aprendendo!



martes, 7 de xuño de 2016

EXPERIENCIA Road to CERN... PARA NON ESQUECER!

E xa foi! Estamos de volta, cunha experiencia vital inesquecible. Aprendendo, compartindo, impresionándonos, quitando prexuízos e abrindo a mente. Próximamente amosarémosvos máis da nosa experiencia Road to CERN, pero de momento facemos eco da súa repercusión en prensa...



xoves, 2 de xuño de 2016

Todo preparado! Mañá despegamos cara Xenebra

E para non esquecernos de nada, aquí vos vai unha lista descargable para que facer a maleta non sexa unha tortura...