Que é Road to CERN



Road to Cern é un proxecto que parte do departamento de tecnoloxía do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro  e está inscrito nas actuacións dos  Contratos Programa  da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, concretamente no apartado  Mellora dos coñecementos para acadar a excelencia.

A idea en cuestión é viaxar a Xenebra para visitar o CERN, e preparar a viaxe axeitadamente: idiomas e documentación científica serán as liñas desta preparación.

O alumnado participante deberá:

  • Asistir con aproveitamento a clases extraescolares de idiomas (francés ou inglés) durante dous recreos semanais a partir do mes de febreiro impartidas por profesorado do centro.
  • Asistir ás charlas sobre física de partículas e temas relacionados que se irán propoñendo.
  • Realizar as lecturas propostas con material aportado polo centro (libros da biblioteca, artigos, material audiovisual, etc.

Neste blog poderedes seguir o proxecto, consultar materiais e mesmo comentalos. Chegaremos ao final do noso camiño?

Ningún comentario:

Publicar un comentario