xoves, 28 de abril de 2016

Experiencia Cibrán Santamarina... impresionante!!!

As partículas desfilaron ante os nosos ollos mesmo en forma de peluches (http://www.particlezoo.net/)  tan ben explicadas por Cibrán que disfrutamos dunha clase amena e mesmo divertida, na que as bromas foron da man do rigor e da que saímos entendendo un pouquiño mellor este complexo mundo.
Como el mesmo dixo, tampouco podemos caer no erro de que a escoita de charlas divulgativas nos fai uns expertos na materia, así que dende a humildade seguiremos aprendendo e achegándonos aos misterios da física de partículas.










xoves, 21 de abril de 2016

Mañá temos visita: Masterclass de Cibrán Santamarina


Mañá temos de novo un invitado ilustre: Cibrán Santamarina. Según el mesmo nos conta na páxina do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), 

"... Licencieime en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1995. Fixen o meu doutoramento no experimento Dirac do CERN na medición do tempo de vida pionium e defendín a miña tese en abril do 2001.
Dende setembro do 2001 ata febreiro do 2004 traballei como "research associate" posdoutoral na Universidade de Basilea (Suiza), tamén en Dirac, que publicou no ano 2005 a primeira medida do tempo de vida do pionium.
En marzo do 2004 comecei a traballar como “research fellow” do CERN onde me concentrei na selección dos electróns e fotóns de alto momento transverso no experimento ATLAS. Posteriormente, en xuño do 2006, mudeime a Montreal contratado pola McGill University, tamén en ATLAS, traballando na selección de jets de alto momento transverso e na busca do bosón de Higgs.
En xaneiro do 2011 voltei á USC onde son profesor contratado doutor dende decembro dese ano. Na actualidade traballo no experimento LHCb do CERN e en entender a violación da simetría de Carga-Paridade na desintegracións de partículas que conteñen un quark b."

A súa charla terá lugar durante a 3ª e 4ª horas, e esperamos que sexa moi clarificadora, xa que ademáis de ser un eminente científico e un bo divulgador afeito a traballar con xente nova. Seguiremos informando.


AS PARTÍCULAS E AS SÚAS FAMILIAS

martes, 19 de abril de 2016

Xa podedes visitar o noso novo Taboleiro Pinterest! Todo sobre Xenebra!

Aquí está o noso taboleiro Pinterest Xenebra 2016 para que vaiamos facendo boca e aprendendo máis sobre a fantástica cidade que imos visitar, e como non, sobre o CERN... Aproveitade para practicar inglés e francés navegando polas páxinas "en versión orixinal"!

luns, 11 de abril de 2016

Hoxe recomendamos... I LOL Ciencia

Dentro do espazo que El Mundo adica á divulgación científica, atopamos a xenial sección I LOL Ciencia.
I LOL Ciencia é un vídeo blog no que poderás aprender a través do humor, e no que poderás atopar, entre outras cuestións de interese, un vídeo-artigo chamado "Viaje a las tripas del CERN", que nos vai adiantando o que imos atopar... A emoción está servida, non volo perdades!

Imaxe procedente de LOL Ciencia, El Mundo.